Excursións, escapadas e circuítos organizados con saída desde Ferrolterra para gozar sen présas

En TOURNALIA deseñamos cada viaxe para que só teña que preocuparse dunha cousa: gozar!

Saídas desde Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene

PROXIMIDADE

Tratamos a cada viaxeiro como nos gustaría que nos tratasen a nós.

CONFIANZA

Cumprimos o que prometemos e ofrecemos información clara antes de cada excursión, escapada ou circuíto.

CALIDADE

Seleccionamos coidadosamente cada servizo que forma parte da viaxe: transporte, horarios, visitas, paradas e atención ao grupo.

TRANQUILIDADE

Queremos que viaxe relaxado, sabendo que nós nos ocupamos de todo.

GOZO

O percorrido forma parte da viaxe; por iso queremos que o goce tanto como o destino.

AUTENTICIDADE

Deseñamos rutas con personalidade, buscando que cada viaxe teña algo especial e se viva dunha forma auténtica

Viaxe en grupo de maneira sinxela e cómoda

Hai viaxes nas que todo son présas. En TOURNALIA cremos que viaxar tamén é deterse a contemplar unha paisaxe, gozar dunha boa comida ou pasear tranquilamente por un lugar con encanto.
O seu regreso á casa estará cheo de recordos, non de estrés.

Que atopará en Tournalia?

Excursións dun día, escapadas e circuítos para descubrir novos destinos dunha forma cómoda, próxima e organizada.

Próximas saídas

Descubra as próximas excursións, escapadas e circuítos organizados por TOURNALIA. Se ten dúbidas sobre unha saída, pode contactar por teléfono, WhatsApp ou correo electrónico antes de reservar.

Praia das Catedrais e costa de Ribadeo

Excursión dun día á Praia das Catedrais con paradas en Rinlo, Ribadeo e Illa Pancha.

Solicitar reserva

Próximas saídas

Descubra as próximas excursións, escapadas e circuítos organizados por TOURNALIA. Se ten dúbidas sobre unha saída, pode contactar por teléfono, WhatsApp ou correo electrónico antes de reservar.

Nadal en Valença

Vén gozar da maxia do Nadal en Valença do Minho! Nesta excursión visitaremos a Fortaleza de Chocolate, un lugar cheo de encanto que nos permitirá gozar dunha experiencia moi doce, e pasearemos polo mercado de Nadal, onde poderemos descubrir o ambiente festivo e a decoración propia destas datas tan especiais.

Nadal: Luces de Vigo

¡Descubre a maxia do Nadal en Vigo! Desfruta das súas famosísimas luces, o ambiente festivo, os mercados de Nadal e as atraccións que converten a cidade galega no epicentro do Nadal en España. ¡Planifica a túa viaxe inesquecible aquí!

Excursións de 1 día

Saídas organizadas desde Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene para descubrir novos destinos nunha xornada, con transporte, acompañamento e un percorrido pensado para vivir cada destino con calma.

Algúns dos nosos viaxes levan o selo Experiencias Tournalia. Son propostas coidadosamente deseñadas que combinan varias actividades nunha mesma viaxe, como paseos en catamarán, trens turísticos, visitas a adegas, propostas gastronómicas ou espectáculos, porque non se trata só de visitar un destino, senón de vivilo dunha forma diferente.

Máis información e viaxes
Luces_vigo_tradición_Nadal

Escapadas

Viaxes de curta duración que combinan aloxamento, visitas e tempo libre para descubrir cada destino de forma relaxada. A forma perfecta de desconectar durante unha fin de semana ou unha ponte sen ter que preocuparse pola organización.

Máis información e viaxes

Circuítos

Viaxes de varios días deseñadas para descubrir diferentes destinos con comodidade, de forma organizada e sen preocupacións. Cada itinerario prepárase con atención, seleccionando coidadosamente os horarios, aloxamentos, restaurantes e visitas para que viva unha experiencia completa de principio a fin.

Máis información e viaxes

Por que viaxar con Tournalia?

Saídas desde distintos puntos de Ferrolterra.

A viaxe comeza preto da casa

Cada ruta prepárase pensando no tempo, a comodidade e o gozo dos nosos viaxeiros.

Un ambiente próximo e familiar, mesmo se viaxa só.

Prezos claros, sen sorpresas

Máis tempo para descubrir e menos tempo correndo dun sitio a outro.

Detrás de Tournalia estou eu, Noelia Alvariño Salceda

TOURNALIA naceu en Ferrolterra cunha idea moi sinxela: achegar novas experiencias ás persoas da comarca e facer que viaxar volva ser algo cómodo, próximo e tranquilo.
A miña formación en Pedagoxía e a miña experiencia na atención ao público e na organización de eventos ensináronme a importancia de escoitar, planificar e coidar cada detalle, unha filosofía que hoxe está presente en cada saída.

Noelia Alvariño Salceda,
Xerente responsable de Tournalia

Estamos a traballar na nosa nova web


Contacte comigo para máis información acerca da nosa próxima viaxe á Praia das Catedrais e próximas saídas.

623 801 098
Tournalia
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.