Excursións de 1 día con saída desde Ferrolterra
En TOURNALIA organizamos excursións, escapadas e circuítos con saídas desde Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene para viaxar con comodidade e gozar de cada parada. Cada saída prepárase coidando os horarios, os puntos de recollida, as paradas e os servizos incluídos, para que só teña que preocuparse de gozar da viaxe.
Nadal en Valença
- Data: 28 de Novembro
- Hora de saída: 13:30
- Saída desde: Valdoviño, Narón, Ferrol, Fene
- Prezo: 30€
- Comida: Non incluída
- Prazas: Prazas dispoñibles
Nadal: Luces de Vigo
- Data: 20 de Decembro
- Hora de saída: 14:30
- Saída desde: Valdoviño, Narón, Ferrol, Fene
- Prezo: 30€
- Comida: Non incluída
- Prazas: Prazas dispoñibles
Como son as nosas excursións de 1 día?
Deseñamos rutas con personalidade, buscando que cada excursión teña algo especial e se viva dunha forma auténtica. O obxectivo é que o percorrido sexa tan agradable como o destino.
Na información de cada excursión atopará o prezo, os puntos de recollida, o que inclúe, o que non está incluído, os horarios e calquera indicación importante antes de reservar.
Como reservar a súa praza
Solicite a súa reserva
Encha o formulario de reserva da excursión, escapada ou circuíto que lle interese.
Tamén pode realizar a súa reserva por WhatsApp ou contactar con TOURNALIA por teléfono se necesita axuda para completar o proceso.
Realice o pago
Poderá realizar o pagamento mediante o método que lle resulte máis cómodo:
- Tarxeta de débito ou crédito.
- Bizum.
- Transferencia ou ingreso en conta bancaria.
Se escolle realizar o pagamento mediante transferencia ou ingreso bancario, disporá dun prazo de 72 horas para realizar o pagamento.
Reciba a confirmación
Unha vez recibido o importe, enviarémosche ao teu email e WhatsApp a confirmación da túa
reserva xunto con toda a información necesaria: horario, punto de saída, recomendacións e datos de contacto.
Por que viaxar con Tournalia?
Saídas desde distintos puntos de Ferrolterra.
A viaxe comeza preto da casa
Cada ruta prepárase pensando no tempo, a comodidade e o gozo dos nosos viaxeiros.
Un ambiente próximo e familiar, incluso se viaxa só.
Prezos claros, sen sorpresas
Máis tempo para descubrir e menos tempo correndo dun sitio a outro.
Detrás de Tournalia estou eu, Noelia Alvariño Salceda
TOURNALIA naceu en Ferrolterra cunha idea moi sinxela: achegar novas experiencias ás persoas da comarca e facer que viaxar volva ser algo cómodo, próximo e tranquilo.
A miña formación en Pedagoxía e a miña experiencia na atención ao público e a organización de eventos ensináronme a importancia de escoitar, planificar e coidar cada detalle, unha filosofía que hoxe está presente en cada saída.