Preguntas frecuentes sobre as nosas viaxes

Todo o que necesita saber antes de viaxar: reservas, pagamentos, saídas e organización das nosas viaxes.

Sobre as viaxes

Na descrición de cada viaxe atopará detallado todo o que inclúe o prezo: transporte, seguro, visitas, entradas, comida, guía, etc., e aquilo que non estea incluído.

Dependerá de cada viaxe. Na información de cada viaxe indicarase se a comida está incluída, se é opcional ou se haberá tempo libre para comer por conta propia.
Si. Sempre se disporá de tempo libre para pasear, realizar compras ou gozar do destino ao seu ritmo.
Algunhas viaxes son totalmente accesibles e outras inclúen percorridos a pé ou lugares con barreiras arquitectónicas. Se ten algunha necesidade especial, consúltenos antes de reservar e informarémola.

Reservas e pagamentos

Pode solicitar a súa reserva a través do formulario da web, por correo electrónico, WhatsApp ou teléfono. Unha vez comprobada a dispoñibilidade, poñerémonos en contacto con vostede para confirmar a praza e indicarlle como realizar o pagamento.

A reserva quedará confirmada unha vez recibido o pagamento e enviada a correspondente confirmación por parte de TOURNALIA.

Pode pagar mediante transferencia bancaria, ingreso en conta, Bizum ou tarxeta de débito ou crédito.

Saídas e organización da viaxe

A maioría das nosas viaxes saen desde Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene. En función de cada viaxe e do número de reservas, poderemos habilitar outros puntos de recollida cando sexa posible. Os horarios e lugares de saída indicaranse sempre antes da data da viaxe.

Sempre que forme parte do percorrido previsto e sexa posible desde o punto de vista organizativo, intentaremos facilitar o embarque no punto de recollida que mellor se adapte a cada viaxeiro.
Unha vez confirmada a reserva, recibirá no seu email e no seu whatsapp toda a información necesaria: horario, punto de saída, recomendacións, teléfono de contacto e calquera outra indicación importante.

Durante a viaxe

Si. Todas as excursións, escapadas e circuítos inclúen o seguro correspondente segundo o tipo de viaxe.
O noso equipo acompañará ao grupo durante toda a viaxe e estará dispoñible para atender calquera incidencia ou necesidade que poida xurdir.
Por suposto. Moitas das persoas que viaxan connosco fano de forma individual. As nosas viaxes son unha excelente oportunidade para coñecer xente, gozar do destino e compartir experiencias nun ambiente agradable.

Cambios e cancelacións

Si. As condicións de cancelación dependerán do tipo de viaxe e poden consultarse no apartado de Condicións Xerais e na información específica de cada viaxe.
Nese caso, TOURNALIA poderá cancelar a saída e devolverase integramente o importe aboado ou, se o cliente o prefire, poderá utilizalo para outra viaxe.

Bonos agasallo

Si. Dispoñemos de bonos agasallo para que poida sorprender a familiares, amigos ou compañeiros cunha experiencia diferente. Contacte connosco e informarémola das diferentes opcións dispoñibles.

Atención ao cliente

Si. Estaremos encantados de atendela por teléfono, WhatsApp ou correo electrónico antes, durante e despois da súa reserva.
Tournalia
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.