Circuítos de varios días con saída desde Ferrolterra
En TOURNALIA organizamos circuítos de varios días con saída desde Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene para viaxar con comodidade e gozar de cada parada. Cada saída prepárase coidando os horarios, os puntos de recollida, as paradas e os servizos incluídos, para que só teña que preocuparse de gozar da viaxe.
Información dispoñible proximamente
Como son os nosos circuítos?
Viaxes de varios días deseñadas para descubrir diferentes destinos con comodidade, de forma organizada e sen preocupacións. Cada itinerario prepárase con atención, seleccionando coidadosamente os horarios, os aloxamentos, os restaurantes e as visitas para que viva unha experiencia completa de principio a fin.
Como reservar a súa praza
Solicite a súa reserva
Encha o formulario de reserva da excursión, escapada ou circuíto que lle interese.
Tamén pode realizar a súa reserva por WhatsApp ou contactar con TOURNALIA por teléfono se necesita axuda para completar o proceso.
Realice o pagamento
Poderá realizar o pagamento mediante o método que lle resulte máis cómodo:
- Tarxeta de débito ou crédito.
- Bizum.
- Transferencia ou ingreso en conta bancaria.
Se escolle realizar o pagamento mediante transferencia ou ingreso bancario, disporá dun prazo de 72 horas para realizar o pagamento.
Reciba a confirmación
Unha vez recibido o importe, enviarémosche ao teu email e WhatsApp a confirmación da túa
reserva xunto con toda a información necesaria: horario, punto de saída, recomendacións e datos de contacto.
Por que viaxar con Tournalia?
Saídas desde distintos puntos de Ferrolterra.
A viaxe comeza preto da casa
Cada ruta prepárase pensando no tempo, na comodidade e no goce dos nosos viaxeiros.
Un ambiente próximo e familiar, mesmo se viaxa só.
Prezos claros, sen sorpresas
Máis tempo para descubrir e menos tempo correndo dun sitio a outro.
Detrás de Tournalia estou eu, Noelia Alvariño Salceda
TOURNALIA naceu en Ferrolterra cunha idea moi sinxela: achegar novas experiencias ás persoas da comarca e facer que viaxar volva ser algo cómodo, próximo e tranquilo.
A miña formación en Pedagoxía e a miña experiencia na atención ao público e na organización de eventos ensináronme a importancia de escoitar, planificar e coidar cada detalle, unha filosofía que hoxe está presente en cada saída.