Detrás de Tournalia estou eu, Noelia Alvariño Salceda
TOURNALIA naceu en Ferrolterra cunha idea moi sinxela: achegar novas experiencias ás persoas da comarca e facer que viaxar volva ser algo cómodo, próximo e tranquilo. A miña formación en Pedagoxía e a miña experiencia na atención ao público e a organización de eventos ensináronme a importancia de escoitar, planificar e coidar cada detalle, unha filosofía que hoxe está presente en cada saída.