Escapadas de curta duración con saída desde Ferrolterra
En TOURNALIA organizamos escapadas de curta duración con saída desde Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene para viaxar con comodidade e desfrutar de cada parada. Cada saída prepárase coidando os horarios, os puntos de recollida, as paradas e os servizos incluídos, para que só teña que preocuparse de desfrutar da viaxe.
Información dispoñible proximamente
Noite Meiga en Ribadavia e Mosteiro de Oseira
- Data: 31 de Outubro – 1 de Novembro
- Hora de saída: 09:00
- Saída desde: Valdoviño, Narón, Ferrol, Fene
- Prezo: 210€
- Comida: Comidas segundo itinerario
- Prazas: Completo
Como son as nosas escapadas?
Viaxes de curta duración que combinan aloxamento, visitas e tempo libre para descubrir cada destino de forma relaxada. A forma perfecta de desconectar durante un fin de semana ou unha ponte sen ter que preocuparse pola organización.
Como reservar a súa praza
Solicite a súa reserva
Encha o formulario de reserva da excursión, escapada ou circuíto que lle interese.
Tamén pode realizar a súa reserva por WhatsApp ou contactar con TOURNALIA por teléfono se necesita axuda para completar o proceso.
Realice o pagamento
Poderá realizar o pagamento mediante o método que lle resulte máis cómodo:
- Tarxeta de débito ou crédito.
- Bizum.
- Transferencia ou ingreso en conta bancaria.
Se escolle realizar o pagamento mediante transferencia ou ingreso bancario, disporá dun prazo de 72 horas para realizar o pagamento.
Reciba a confirmación
Unha vez recibido o importe, enviarémosche ao teu email e WhatsApp a confirmación da túa
reserva xunto con toda a información necesaria: horario, punto de saída, recomendacións e datos de contacto.
Por que viaxar con Tournalia?
Saídas desde distintos puntos de Ferrolterra.
A viaxe comeza preto de casa
Cada ruta prepárase pensando no tempo, na comodidade e no desfrute dos nosos viaxeiros.
Un ambiente próximo e familiar, mesmo se viaxa só.
Prezos claros, sen sorpresas
Mais tempo para descubrir e menos tempo correndo dun sitio a outro.
Detrás de Tournalia estou eu, Noelia Alvariño Salceda
TOURNALIA naceu en Ferrolterra cunha idea moi sinxela: achegar novas experiencias ás persoas da comarca e facer que viaxar volva ser algo cómodo, próximo e tranquilo.
A miña formación en Pedagoxía e a miña experiencia na atención ao público e a organización de eventos ensinaron-me a importancia de escoitar, planificar e coidar cada detalle, unha filosofía que hoxe está presente en cada saída.