Excursións de 1 día con saída desde Ferrolterra

En TOURNALIA organizamos excursións, escapadas e circuítos con saídas desde Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene para viaxar con comodidade e gozar de cada parada. Cada saída prepárase coidando os horarios, os puntos de recollida, as paradas e os servizos incluídos, para que só teña que preocuparse de gozar da viaxe.

Nadal en Valença

Vén gozar da maxia do Nadal en Valença do Minho! Nesta excursión visitaremos a Fortaleza de Chocolate, un lugar cheo de encanto que nos permitirá gozar dunha experiencia moi doce, e pasearemos polo mercado de Nadal, onde poderemos descubrir o ambiente festivo e a decoración propia destas datas tan especiais.

Nadal: Luces de Vigo

¡Descubre a maxia do Nadal en Vigo! Desfruta das súas famosísimas luces, o ambiente festivo, os mercados de Nadal e as atraccións que converten a cidade galega no epicentro do Nadal en España. ¡Planifica a túa viaxe inesquecible aquí!

Como son as nosas excursións de 1 día?

Deseñamos rutas con personalidade, buscando que cada excursión teña algo especial e se viva dunha forma auténtica. O obxectivo é que o percorrido sexa tan agradable como o destino.

Na información de cada excursión atopará o prezo, os puntos de recollida, o que inclúe, o que non está incluído, os horarios e calquera indicación importante antes de reservar.

Como reservar a súa praza

Solicite a súa reserva

Encha o formulario de reserva da excursión, escapada ou circuíto que lle interese.
Tamén pode realizar a súa reserva por WhatsApp ou contactar con TOURNALIA por teléfono se necesita axuda para completar o proceso.

Realice o pago

Poderá realizar o pagamento mediante o método que lle resulte máis cómodo:

  • Tarxeta de débito ou crédito.
  • Bizum.
  • Transferencia ou ingreso en conta bancaria.

Se escolle realizar o pagamento mediante transferencia ou ingreso bancario, disporá dun prazo de 72 horas para realizar o pagamento.

Reciba a confirmación

Unha vez recibido o importe, enviarémosche ao teu email e WhatsApp a confirmación da túa
reserva xunto con toda a información necesaria: horario, punto de saída, recomendacións e datos de contacto.

Por que viaxar con Tournalia?

Saídas desde distintos puntos de Ferrolterra.

A viaxe comeza preto da casa

Cada ruta prepárase pensando no tempo, a comodidade e o gozo dos nosos viaxeiros.

Un ambiente próximo e familiar, incluso se viaxa só.

Prezos claros, sen sorpresas

Máis tempo para descubrir e menos tempo correndo dun sitio a outro.

Detrás de Tournalia estou eu, Noelia Alvariño Salceda

TOURNALIA naceu en Ferrolterra cunha idea moi sinxela: achegar novas experiencias ás persoas da comarca e facer que viaxar volva ser algo cómodo, próximo e tranquilo.
A miña formación en Pedagoxía e a miña experiencia na atención ao público e a organización de eventos ensináronme a importancia de escoitar, planificar e coidar cada detalle, unha filosofía que hoxe está presente en cada saída.

Tournalia
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.