Noite Meiga en Ribadavia e Mosteiro de Oseira
¡Escapada máxica de Samaín: Ribadavia, Mosteiro de Oseira e Fervenza do Toxa!
31/10-1/11 de 2026
Saídas desde Valdoviño, Narón, Ferrol, Fene
210

Viaje destacado
Viaxe: Noite Meiga en Ribadavia e Mosteiro de Oseira
Saída
Regreso
Duración
Aloxamento
Comida
Prazas
¿Buscas un plan inolvidable para celebrar o Samaín?
Imos os días 31 de outubro e 1 de novembro a vivir o Samaín máis auténtico nunha das vilas con máis encanto de Galicia.
Pero haberá moito máis: Museo do Viño de Galicia, visita a Cea, ó Mosterio de Oseira y a Fervenza do Toxa.
¡Fin de semana completo!





Recollémolo en...
Valdoviño: Explanada da Porta do Sol (fronte á Casa Joselito).
Narón: Estrada de Castela.
Paradas no Centro de Saúde e nas vivendas da Mariña.
Ferrol: Estrada de Castela (Parada O Inferniño-Porta Nova), Praza de Galicia, Avenida das Pías (parada de Caranza).
Fene: Avenida Naturais (parada de autobús situada diante do Gadis).
Itinerario
1. Museo do Viño de Galicia
A viaxe comeza ás 9:00 coa recollida dos viaxeiros en Valdoviño, Narón, Ferrol e Fene.
Poñemos rumbo á nosa primeira parada: o Museo do Viño de Galicia, onde desfrutaremos dunha visita guiada para coñecer a rica tradición vitivinícola da zona.
Ao rematar, trasladarémonos a Ribadavia para o xantar.
Despois do xantar, realizaremos o check-in no hotel Abadía Caldaria e disporemos dun tempo de descanso.
2. Noite Meiga de Ribadavia
3. Almorzo e rumbo a Cea
4. Mosteiro de Oseira
Trasladarémonos ao impresionante Mosteiro de Santa María a Real de Oseira, unha xoia da Orde do Císter do século XII onde realizaremos unha visita guiada para percorrer os seus maxestosos claustros, a impoñente igrexa abacial e a súa espectacular Sala Capitular, famosa en toda España polas súas singulares columnas torsionadas que se abren no teito simulando palmeiras.
Antes de marchar, poderase visitar a tenda do mosteiro, onde os propios monxes venden o seu famoso licor artesanal Eucaliptine.
Para poñer o broche de ouro á mañá, regresaremos ao centro de Cea para desfrutar dun xantar de cociña tradicional galega.
5. Fervenza do Toxa
6. Regreso
Que inclúe a excursión?
- Viaxe de ida e volta en autobús.
- Guía acompañante durante toda a escapada.
- Seguro de asistencia e de cancelación por causas xustificadas.
- Entrada e visita guiada ao Museo do Viño de Galicia.
- Tempo libre na Noite Meiga de Ribadavia.
- Habitación con almorzo incluido no Hotel Rural Abadía Caldaria.
- Xantares en Ribadavia e en Cea.
- Entrada e visita guiada no Mosterio de Oseira.
- Tempo libre para ver a Fervenza do Toxa dende o Miradorouro.
A cea do día 31 non está incluída.
Así poderás organizar a noite ao teu gusto polos locais da zona vella para non perder a animación de rúa.
Información importante
Necesita outro punto de recollida?
Se son varios viaxeiros e lles viría mellor un punto de recollida diferente, poden indicalo no formulario de inscrición. Sempre que se atope dentro da ruta prevista para o autobús, faremos todo o posible por incorporalo.
Cancelación flexible
- A túa praza é ocupada por outro viaxeiro da lista de agarda.
- O motivo da túa cancelación está xustificado e é aceptado polo seguro de viaxe.
Grupo mínimo: A viaxe está suxeita a un mínimo de 12 reservas. En caso de non alcanzarse, notificarase a cancelación e reembolsarase o 100% do importe.
ESTA É UNHA ESCAPADA EN GRUPO MOI REDUCIDO
Dado que o número de habitacións do aloxamento é limitado e non pode ser ampliado, realizaremos esta escapada nun formato de grupo pequeno e exclusivo.
Como reservar a túa praza
Solicita a túa reserva
Enche o formulario de reserva da excursión, escapada ou circuíto que che interese. Tamén podes realizar a túa reserva por WhatsApp ou contactar con TOURNALIA por teléfono se precisas axuda para completar o proceso.
Realiza o pago
Poderá realizar o pagamento mediante o método que lle resulte máis cómodo:
- Tarxeta de débito ou crédito.
- Bizum.
- Transferencia ou ingreso en conta bancaria.
Se elixes realizar o pago mediante transferencia ou ingreso bancario, disporás dun prazo de 72 horas para realizar o pago.
Recibe a confirmación
Unha vez recibido o importe, enviarémosche ao teu correo electrónico a confirmación da túa reserva xunto con toda a información necesaria: horario, punto de saída, recomendacións e datos de contacto.
Reserva a túa viaxe
Por que viaxar con Tournalia?
Saídas desde distintos puntos de Ferrolterra.
A viaxe comeza preto da casa
Cada ruta prepárase pensando no tempo, a comodidade e o gozo dos nosos viaxeiros.
Un ambiente próximo e familiar, mesmo se viaxa só.
Prezos claros, sen sorpresas
Máis tempo para descubrir e menos tempo correndo dun sitio a outro.